Ir o contido principal
MULLERES ATÁNTICAS (SEMANA DE CINE CON DIRETORAS GALEGAS E PORTUGUESAS)
MULLERES ATÁNTICAS (SEMANA DE CINE CON DIRETORAS GALEGAS E PORTUGUESAS)

O Club Cultural Valle-Inclán organiza unha Semana de cine, con directoras galegas e portuguesas, baixo o título Mulleres Atlánticas, que se celebrará entre o día 2 e o 12 de marzo, no Centro Cultural O Vello Cárcere,  ao abeiro do Día da Muller e dentro da programación de LUGO, Capital da cultura. Eixo Atlántico 2023.

  2 de marzo, 20:00: Iniciarase coa conferencia XXl, o século das cineastas, de Chelo Loureiro. Presentará Pilar Martínez Conde -Pilocha-.

Seguirá a proxección de seis películas de acordo co seguinte programa:

 6 de marzo, 20:00h: A illa das mentiras, de Paula Cons. (Galicia).

 7 de marzo, 20:00h: Capitães de abril, de Maria de Medeiros. (Portugal).

 9 de marzo, 20:00h: A vingança de uma muller, de Rita Acevedo Gomes.  (Portugal)

10 de marzo, 18.00h: Valentina, de Chelo Loureiro. (Galicia).

11 de marzo, 20:00: A Metamorfose dos Pássaros, de Catarina Vasconcelos (Portugal)

12 de marzo, 20:00h: Tralas luces, de Sandra Sánchez. (Galicia).