Chelo Loureiro, Ferrol (Galicia, España). CINEASTA
Especializada na xestión de empresas con actividades relacionadas coas Industrias Culturais (Comunicación, Literatura, Cinema e Artes Plásticas), desde hai anos traballa exclusivamente no sector audiovisual, e no ano 2007 funda a súa propia produtora, ABANO PRODUCIÓNS.
Membro da Xunta Directiva de CIMA (Asociación de Mujeres Cineastas), da Academia da Artes e das Ciencias Cinematográficas de España e da Academia Galega do Audiovisual.
Como produtora executiva produciu series para tv, curtos, documentais e longametraxes que cultivaron innumerables premios e percorreron numerosos festivais nacionais e internacionais, apostando sempre por un cinema de autor de incuestionable calidade e con mirada propia, así como polo apoio ao talento a través da produción de curtametraxes cos que promocionar aos e as novas cineastas.
A súa primeira longametraxe como directora foi Valentina - Premio Goya á Mellor Película de Animación 2022- un filme sobre a inclusión que pretende comprender, normalizar e visibilizar aos e as nenas con Síndrome de Down.
Produtora da longametraxe de Alberto Vázquez: Unicorn Wars –gañadora do Premio Goya á Mellor Película de Animación 2023- e está a producir a ópera prima de Isabel Herguera: O soño da sultana, a longametraxe de Simón Casal: Xustiza artificial, a curtametraxe de Martín Romero: To bird or not to bird e o de Giovana Lopalco: Todo Rosa.
Abre a Semana ce cine Mulleres Atlánticas o día 2 de marzo, no Salón de Actos de Centro Cultural O Vello Cárcere.