Ir o contido principal
A rapariga
Ciclo
Sesións de Filmoteca. Retrospectiva de Márta Mészáros
Data de proxección
Lugar de proxección
Sala da Actos da Casa do Saber
Director
Márta Mészáros
Pais
Hungría
Ano da produción
1968
Xénero
Drama | Adolescencia
Duración
84
Produción
Mafilm Studio 4
Director de Fotografía
Tamás Somló (B&W)
Montaxe
Zoltán Farkas
Guión
Márta Mészáros
Música
Levente Szörényi
Intérpretes
Kovács, Teri Horváth, Ádám Szirtes, Gábor Agárdi, Zsuzsa Pálos, András Kozák, Gábor Harsányi, Laszlo Szabo, Zsolt Körtvélyessy
Sinopse

A rapariga traballa nunha fábrica téxtil. A rapariga, educada nun orfanato, busca desesperadamente aos seus pais. A rapariga atopa a súa nai nunha pequena aldea e esta pídelle que agoche a súa identidade ante a súa nova familia. A rapariga síntase terriblemente soa, inicia curtas relacións con homes que non a enchen. A rapariga decide axudar a un home que parece saber algo sobre a morte de seu pai, mais acaso lle está a contar a verdade?

Aínda que Mészáros xa estaba curtida como realizadora tras ter traballado durante quince anos de documentalista no NODO húngaro, esta é a súa primeira longa de ficción. Todas as súas inquietudes temáticas e a sosegada experimentación nas formas xa están aquí. Criada nunha institución tras o falecemento de seus pais, este elemento vai marcar moitas das súas tramas. Na súa primeira etapa abundan as rapazas rebeldes contra o sistema de valores sociais do momento, como acontece en toda Europa tras maio do 68, sentimento a miúdo expresado a través da música popular. Neste caso contou como protagonista con Kati Kovács, cantante rock que era toda una celebridade cando filmou esta película.

Premios

1969: Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine de Valladolid.