Ir o contido principal
Time to Love
Ciclo
"Sesións de Filmoteca". Retrospectiva de Metin Erksan
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Metin Erksan
Pais
Turquía
Ano da produción
1965
Xénero
Drama. Romance
Duración
91
Produción
Metin Erksan
Director de Fotografía
Mengü Yegin (B&W)
Guión
Metin Erksan, Kemal Demirel
Música
Metin Bükey
Intérpretes
Müsfik Kenter, Sema Özcan, Süleyman Tekcan, Fadil Garan, Oya Bulaner, Deniz Çakir, Ayban Erkmen
Sinopse

Unha historia de amor inspirada nos contos sufíes que evoca o idealismo fatal do romance entre clases. Nas Illas dos Príncipes, ao sul de Estambul, os días son chuviosos e están cheos de nostalxia. O pobre pero orgulloso pintor Halil consegue un traballo nun dos chalets da illa, onde se atopa coa fotografía dunha fermosa muller e namora da súa imaxe.

Tesouro agochado do cine turco, restaurado en 4K no décimo aniversario da morte do seu director, Metin Erksan. Esta película non foi case distribuida nin proxectada, xa que se lanzou na televisión turca no ano 1965, e logo pasou ao esquecemento.

Metin Erksan é considerado unha lenda do cine turco. O seu cine, con inspiracións literarias, resaltaba os problemas das persoas do campo. A súa película Susuz Yaz / Dry Summer gañou o Oso de Ouro en Berlín, sendo a primeira película dese país en obtelo. Metin Erksan dirixiu 42 películas e escribiu os guións doutras 29.