O Club Cultural Valle-Inclán programa un ciclo retrospectivo con dúas películas de Víctor Erice que se enmarcan no programa” Sesións de Filmoteca”, en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa AGADIC.
Este ano, no que Víctor Erice volve ás pantallas, obrigado é facer un repaso da súa filmografía e escollemos dous títulos de recoñecidos méritos polos cinéfilos, críticos e cineastas do mundo da sétima arte.
* Día 25 de outubro: El espíritu de la colmena, 1973, 98 min. VOE. 1973: Festival de San Sebastián: Concha de Ouro Mellor película.
* Día 8 de novembro: El Sur, 1983, 95 min. VOE. 1983: Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro Mellor película. 1983: Festival de Chicago: Hugo de Ouro Mellor película.
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 horas. Entrada de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público cota proporcional de socio.