Programamos un variado ciclo de cine en tempo de primavera. Abrímolo con Moby Díck, de John Huston, como complemento á presentación do libro Moby Dick, alegoría y mito. El trasfondo simbólico del mundo grecolatino, de Mª José Martín Velasco, Doutora en Floloxía clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Acompañarán á autora Alexandre Arias Durán e Felipe Arias Vilas. O acto lugar o xoves, día 2 de maio, no Salón de Actos de O Vello Cárcere, ás 19:30 horas.
Programa de cine
* Día 30 de abril: Moby Dick, de John Huston, Reino Unido. 1956. 116 min
* Día 6 de maio: Scrapper, de Charlote Regan. Reino Unido. 2023. 84 min
* Día 13 de maio: Utama, de Alejandro Loayza Grisi. Bolivia -2022. 87 min
* Día 20 de maio: No se admiten perros ni italianos, de Alain Ughetto, Francia. 2022, 70 min
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere. Sesión 19:30. Entrada libre e de balde ata completar aforo. Iniciada a sesión non se permitirá o acceso á sala.
Cunha axuda da Xunta de Galicia.