Ir o contido principal
Pola Terra de Soneira
Pola Terra de Soneira

O sábado 15 de marzo o Club Cultural Valle-Inclán viaxará pola Terra de Soneira, considerada a antesala da Costa da Morte, comezando en Baio (Zas) para ver as Torres do Allo, un dos pazos galegos màis antigos, e tamén o conxunto etnográfico dos Batáns do Mosquetín; logo de xantar en Vimianzo, e ademais de ver o Castro das Barreiras, visitarase o seu monumental castelo, hoxe rehabilitado, para rematar a viaxe no interesante lugar de Berdeogas, que ten un dos hórreos máis espectaculares de Galicia.