Ir o contido principal
La Marsellesa de los borrachos
Ciclo
Cine de primavera 2025
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Director
Pablo Gil Rituerto
Pais
España, Francia, Italia
Ano da produción
2024
Xénero
Documental
Duración
96
Produción
Coproducción España-Francia-Italia; Boogaloo Films, Graffiti DOC, Les Films de l'oeil sauvage, Escarlata Estudios
Director de Fotografía
Daniel Lacasa
Guión
Alba Lombardía. Pablo Gil Retuerto
Intérpretes
Lionello Gennero, Emilio Jona, Artur Blasco, Asunción Carandell, Maria Arnal, Marcel Bagés, Nacho Vegas, Amorante, La Ronda de Motilleja, Labregos do tempo dos Sputniks, Faia Díaz Novo, Coro Minero de Turón, Víctor Herrero.
Sinopse

Un equipo de rodaxe percorre as estradas e pobos do norte de España. Segue os pasos da viaxe clandestina do grupo de etnomusicólogos italianos Cantacronache, que no verán de 1961, en plena ditadura, recompilou cancións populares da resistencia: a voz de obreiros, intelectuais e campesiños. Agora, a través da memoria oral, das cintas e as fotos orixinais daquela expedición, e de reinterpretacións actuais daquel cancioneiro, establécese un diálogo entre ambas as viaxes, conformando unha xeografía emocional e política dun territorio no que as feridas do pasado seguen abertas. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas. Sesenta anos despois, e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, recuperan as gravacións inéditas e reconstrúen a viaxe, hoxe, recuperando recordos históricos a través destas cancións, tan relevantes hoxe como o foron entón.

VOE

Premios

SEMINCI 2024 Sección Oficial Tiempo de Historia