Ir o contido principal
El chico
Ciclo
Sesións de Filmoteca maio 2025
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
Charles Chaplin
Pais
EEUU
Ano da produción
1921
Xénero
Comedia. Drama | Pobreza. Cine mudo. Comedia dramática. Película de culto
Duración
65
Produción
Charles Chaplin, First National Pictures
Director de Fotografía
Roland Totheroh (B&W)
Guión
Charles Chaplin
Música
Charles Chaplin
Intérpretes
Charles Chaplin, Edna Purviance, Jackie Coogan, Carl Miller, Tom Wilson
Sinopse

Edna é unha muller pobre que se ve na necesidade de abandonar o seu fillo nun coche diante da casa duns millonarios. O rapaz acaba ao coidado do vagabundo Charlot, que constrúe un fogar para el e sobrevive recorrendo á picaresca. Cinco anos despois, e con súa nai convertida nunha popular actriz, o destino intentará separalos..

A primeira longametraxe de Charles Chaplin, unha combinación maxistral de comedia e drama con doses de crítica social, posúe elementos autobiográficos do director que fan da película un traballo ben persoal. En 1971 Chaplin compuxo a música para o filme. 

Lectura de rótulos en castelán a cargo do director e actor teatral Carlos Clemente Martínez Gallego.