Ir o contido principal
El hombre elefante
Ciclo
Sesións de Filmoteca novembro 2025 D Lynch
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber
Director
David Lynch
Pais
USA
Ano da produción
1980
Xénero
Drama | Biográfico. Enfermidade. Discapacidade. Século XIX. Película de culto
Duración
125
Produción
Brooksfilms
Director de Fotografía
Freddie Francis (B&W)
Guión
David Lynch, Eric Bergren, Christopher De Vore (Biografía: Joseph Merrick)
Música
John Morris
Intérpretes
John Hurt, Anthony Hopkins, Anne Bancroft, John Gielgud
Sinopse

Tras a surrealista Cabeza borradora, Lynch adapta na súa segunda longa a biografía de Joseph Merrick, home con deformacións corporais moi acusadas que a finais do século XIX se viu obrigado a traballar no mundo da farándula ata que un benfeitor que o acolleu nos seus últimos anos de vida logrou que recibise tratamento e puidese dedicarse por un tempo breve á escritura. Película delicada e contida, é unha rara avis na filmografía do seu autor, habitualmente asociado a narrativas máis disruptivas e sensoriais. Gran papel de John Hurt como o “home elefante”.

VOSE.

Premios

1981: Premios César: Mellor película estranxeira

1980: 8 Nominacións ao Oscar, incluíndo Película e Director

1980: Globos de Ouro: 4 nominacións, incluíndo Mellor película - Drama

1980: Premios BAFTA: Mellor película, Actor (Hurt) e Dirección artística. 7 nominacións

1980: Sindicato de Directores (DGA): Nominada a Mellor director

1980: Sindicato de Guionistas (WGA): Nominada a Mellor guión adaptado - drama