David Lynch sorprendeu con esta historia tan sinxela como conmovedora dun ancián que percorre 500 quilómetros entre Iowa e Wisconsin para ir visitar o seu irmán enfermo no único medio de transporte do que dispón: un cortacéspede. O seu apelido, Straight (directo, recto), é toda unha declaración de intencións. A película avanza lenta e inexorablemente nunha única dirección, deténdose nas inmensas paraxes da América profunda e nas súas xentes, cuxos rostros son filmados, cos sucos da pel labrada polas duras condicións do campo, tal maxestosas montañas ou cativadores desertos. Todo un exemplo de clasicismo que demostrou que Lynch era bastante máis que o cineasta da incomodidade.
VOSE
1999: Oscar: Nominada a Mellor actor (Richard Farnsworth)
1999: Globo de Ouro: 2 nominacións a Mellor actor, BSO
1999: Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro (Mellor película)
1999: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor actor (Farnsworth) e Mellor fotografía. 4 nominacións
1999: Asociación de Críticos de Los Angeles: Nominada a Mellor actor (Farnsworth)
1999: Premios Independent Spirit: Mellor actor (Farnsworth). 4 nominacións