Ir o contido principal
Fernando e Miñuca Villaverde
Ciclo
Curtas de Fernando e Miñuca Villaverde
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Deputación Provincial
Director
Fernando e Miñuca Villaverde
Pais
Cuba, EEU
Xénero
Documental
Director de Fotografía
Fernando e Miñuca Villaverde
Montaxe
Fernando e Miñuca Villaverde
Guión
Fernando e Miñuca Villaverde
Sinopse

Miguel Blanco Hortas presenta unha sesión especial de cinema adicada a obra dos cineastas cubanos Fernando e Miñuca Villaverde. Unha selección de curtas destes artistas que comezaron a súa carreira na Cuba despois da revolución para logo viaxar aos Estados Unidos e finalmente asentarse en Barcelona. Nestes últimos anos a súa obra sufriu unha profunda posta valor despois de anos de esquecemento e discriminación debido á súa visión crítica da Cuba pos revolucionaria. Unha mirada independente que non se axustaba as visións canónicas nin as loitas ideolóxicas dos diferentes espectros políticos. Demasiado críticos para ser aceptados pola esquerda institucional e demasiado independentes e libres para poder ser incluídos dentro dun cinema de exiliados anticastristas, os Villaverde mesturan a crónica documental co cine intimista e artístico, influenciados polos movementos de rexistro inmediato da realidade das loitas políticas dos anos sesenta como pola vangarda artística de Nova Iorque desa época, cidade na que viviron e na que compartiron experiencias con moitos cineastas fundamentais da escena cinematográfica estadounidense.

Esta sesión propón unha viaxe retrospectiva polas diferentes etapas da súa obra, comezando por El parque, onde se rexistra de forma directa a vida de diferentes individuos en situación de exclusión social que deambulan por un parque de La Havana. O filme producido polo Instituto do Cinema Cubano foi prohibido para a súa exhibición e ocultado durante anos, ao igual que outras películas que os Villaverde realizaron na illa, algunhas delas perdidas para sempre.

Fora de Cuba e asentados en Nova Iorque, comezan a realizar un cinema totalmente independente, tanto artística como institucionalmente. Filmes realizados de maneira íntima, afeccionada, con cámaras analóxicas pequenas onde rexistran a súa vida e aos dos seus achegados de forma poética. Ás veces retratos dun lugar, unha persoa ou un momento concreto e as veces creacións máis ambiciosas con una visión poética mais tamén irónica da existencia. É o caso de Blanca Putica. A girl in love onde parten dunha crónica social sobre o caso do asasinato dunha prostituta anónima para desenvolver un encontro amoroso grandilocuente e operístico entre un home e unha muller, interpretados polos propios Fernando e Miñuca.

Como consecuencia da súa vida de exiliados e dos encontros doutros cubanos fuxidos da illa, sen tantas posibilidades nin sorte como eles, Miñuca Villaverde realizou en 1981 o documental Tent City no que segue a vida de diferentes personaxes, todos eles marcados pola discriminación do goberno comunista cubano por temas ideolóxicos, culturais e incluso sexuais mentres esperan agónicamente a reubicación nos Estados Unidos. A vida nun campo de refuxiados case convertido nunha cárcere marca a paradoxo da busca da liberdade daqueles que chegan aos países occidentais: a esperanza dunha nova vida, mais tamén o trato inhumano daquel que é considerado un cidadán de segunda categoría.

Os filmes serán introducidos e postos en contexto por Miguel Blanco Hortas.