Ir o contido principal
Taiwán na pantalla
Taiwán na pantalla

O Club Cultural Valle-Inclán, coa colaboración da Escola Oficial de Idiomas de Lugo, programa a semana de cine “Taiwán na pantalla”. Catro miradas sobre unha illa en transformación.

* Día 26: Comer, beber, amar, de Ang Lee, (1994), 123 min

* Día 27: ¿Qué hora es?, de Tsai Ming-liang, (2001), 116 min

* Día 29: Tiempos de amor, juventud y libertad, de Hou Hasiao-hsien, (2005), 139 min

* Día 30: La chica zurda, de Shih-Ching Tsou, (2025), 108 min

Proxeccións no salón de actos de O Vello Cárcere, sesión 19:30 horas.

Entrada de balde ata completar cabida. Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.