Ir o contido principal
Jocelyne Saab. Exilio interior
Ciclo
Ciclo de cinema Outras miradas
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Deputación Provincial
Director
Jocelyne Saab
Pais
Líbano
Sinopse

Dentro do foco sobre o cinema palestino ofrecemos unha sesión especial adicada á cineasta libanesa Jocelyne Saab. A directora finou en 2019, mais desde entón o interese pola súa figura e a súa obra non parou de medrar. Desde o Líbano, Saab sufriu as consecuencias das políticas bélicas do estado de Israel. Viu como o seu país, pacífico e tolerante, era destruido. Os filmes de Saab falan da perda dun fogar, da posibilidade quebrada dun futuro.

A cineasta iniciouse como reporteira e grazas a diferentes traballos na televisión francesa tivo a posibilidade de filmar os conflitos de Oriente Medio como corresponsal de guerra. Imaxes directas dos dramas humanos e dos protagonistas foron dando paso cos anos a unha visión máis introspectiva dunha cineasta derrotada polo presente, por un mundo que nada facía ante a inxustiza. Sur do Líbano: historia dunha vila asediada (1976), Carta de Beirut (1979) e Beirut, a miña cidade (1982) son os tres filmes seleccionados para esta mostra que falan precisamente dese mundo en ruinas, desas vidas en exilio permanente, obrigadas a fuxir dos seus fogares.

As proxeccións contarán cunha introdución contextual.

En colaboración coa Asociación Juan Casaveteiro.