Conferencia ilustrada sobre cinema palestino. Nesta charla-coloquio faremos unha introdución á historia do cinema en Palestina, desde os seus comezos ata a actualidade, pasando polas súas crises, os seus autores e os pequenos triunfos dentro da discriminación e a barbarie imperialista que impediu o desenvolvemento dunha sociedade e dunha cultura desde 1948.
A conferencia busca resituar as imaxes dun pobo golpeado polas bombas e polo exterminio. E tamén loitar contra as imaxes contaminadas e manipuladas do xornalismo internacional. Se pode pensar nun cinema palestino, cunha historia e cunha estética propia? Película a película, imaxe a imaxe, buscamos resposta a estas preguntas ao tempo que queremos ilustrar sobre un cinema que non só fai testemuña da inxustiza, senón tamén deixa rexistro das tradicións e formas de vida dun povo en extinción.
En colaboración coa Asociación Juan Casaveteiro.