Ir o contido principal
PRESENTAMOS EN LUGO MÉDICOS SIN FRONTERAS E A PELÍCULA INVISIBLES
PRESENTAMOS EN LUGO MÉDICOS SIN FRONTERAS E A PELÍCULA INVISIBLES
Salón de actos da Deputación Provincial. 20:00:00

O Club Cultural Valle-Inclán adica unha xornada á ONG Médicos sin Fronteras, coa proxección do filme Invisibles -varios directores- e a presencia de Mónica Álvarez, membro da organización.
Invisibles son aquelas persoas que non queremos ver. A película quere render  xustiza a esas persoas e situacións que seguen fóra do foco de unha, a veces, tan necesitada atención mediática e facer unha humilde homenaxe a aqueles que nunca apartaron a mirada deles. A todos e cada un dos que fan posible a asistencia e insistencia de MSF nestes terreos do esquecemento.
Javier Bardén é o produtor desta película e di: "Os invisibles, as vítimas de conflitos armados e de enfermidades pouco ou nada tratadas a nivel internacional polos medios, os gobernos e as empresas farmacéuticas... Creo que un bo xeito de colaborar como cidadán de a pé é asegurarse de que esa mensaxe chegue ao maior número de xente e especialmente aos que evitan tomar decisións por falta de interese ou de ganancias económicas".

Máis información en CINE. Programación