Ir o contido principal
EEUU, Bulgaria, España e Xeorxia presentes na Semana de cine do mundo que se desenvolverá do 30 de outubro ao 3 de novembro de 2017
EEUU, Bulgaria, España e Xeorxia presentes na Semana de cine do mundo que se desenvolverá do 30 de outubro ao 3 de novembro de 2017
Salón de Actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial. 19:30:00

O Club Cultural Valle-Inclán programa unha Semana de Cine do Mundo que se desenvolverá no Salón de Actos do Pazo de San Marcos -Deputación Provincial-  entre o 30 de outubro e o 3 de novembro de 2017, en sesión de 19:30 horas, de acordo co seguinte programa:
* Día 30 de outubro: As vidas de Grace, de Destin Cretton, EEUU.
* Día 31 de outubro: Un minuto de gloria, de Kristina Grozeva e Petar Valchanov, Bulgaria.
* Día 2 de novembro: Fráxil equilibrio, de Guillermo García López, España.
* Día 3 de novembro: Corn Island, de George Ovashvili, Xeorxia.
Todas en versión orixinal con subtítulos en castelán.
Máis información en Cine - Programación.