Salón de Actos da Casa do Saber. 19:30:00
O Club Cultual Valle-Inclán inicia o mércores, día 7 de marzo, as “Sesións de Filmoteca”, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe -CGAI-.
A muller será a temática de marzo, con tres filmes dirixidos por outras tantas mulleres.
Programa
* Día 07 de marzo: Alanis, de Anahí Berneri. Arxentina 2017.
* Día 14 de marzo: El orden divino, de Petra Biondina Volpe. Suíza 2017
* Día 21 de marzo: Una vez fuimos salvajes, de Carmen Bellas. España 2017.
Proxeccións no Salón de Actos da Casa do Saber (Vicerreitorado), en sesións de 19:30 h.
Entrada ata completar aforo, libre para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, 1€.