"Nun entrar do home na paisaxe e da paisaxe no home creouse a vida eterna de Galiza" Castelao.
A Costa da Morte é unha rexión de Galicia que foi considerada a fin do mundo durante o Imperio Romano. O seu dramático nome provén dos numerosos naufraxios que sucederon ao longo de historia nesta zona de rochas, néboas e temporais. Atravesamos esta terra observando as persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, madeireiros... Somos testemuñas do traballo que realizan, que lles leva a manter, á vez, unha relación íntima e unha batalla coa inmensidade do ámbito natural. O vento, a pedra, o mar, o lume, son personaxes neste filme, e a través deles achegámonos ao misterio que supón a paisaxe, entendida como unha unidade xunto ao home, a historia e o mito.
Lingua Galego
2013: Locarno Film Festival (Suíza) - Premio ao Mellor Director Emerxente 2013: Valdivia (Chile) - Mención especial do xurado 2013: Festival de Cine Europeo de Sevilla - Premio ao mellor filme de non ficción + mención especial Las Nuevas Olas