A finais dos anos 60, un misterioso músico foi descuberto nun bar de Detroit por dous produtores que quedaron engaiolados das súas melodías conmovedoras e das súas letras proféticas. Gravaron dous discos que eles crían que situarían ao artista como un dos máis grandes da súa xeración. Non obstante, o éxito nunca chegou. De feito, o cantante desapareceu na escuridade no medio de rumores sobre o seu horripilante suicidio enriba do escenario. Mentres a figura do artista se perdía no esquecemento, un dos seus vinilos chegou á Sudáfrica do Apartheid, multiplicándose por todo o país en gravacións piratas, e durante as dúas seguintes décadas Rodríguez foise convertendo nun fenómeno, nunha icona da liberdade e o "anti establishment". Dous fans sudafricanos empeñáronse en descubrir que pasou realmente co seu heroe. A súa investigación conduciunos a unha historia aínda máis extraordinaria sobre o mito do artista coñecido como "Rodríguez". Esta é unha película sobre a esperanza, a inspiración e o poder da música.
Lingua V.O.S.
2013: Oscar: Mellor documental 2012: Premios BAFTA: Mellor documental 2012: Festival de Sundance:Premio Especial do Xurado. Premio do público. Mellor documental internacional. 2012: Satellite Awards: Nomeado a Mellor longametraxe documental 2012: National Board of Review (NBR): Mellor documental 2012: Asociación de Críticos de Los Angeles: 2ª posición para Mellor documental 2012: Premios Guldbagge: Mellor documental. 6 nominacións 2012: Directors Guild of America (DGA): Mellor director (Documental)