Ir o contido principal
Buda explotó por vergüenza
Ciclo
Ciclo Outras nenas
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos da Deputación Provincial
Director
Hana Makhmalbaf
Pais
Irán
Ano da produción
2007
Xénero
Drama | Infancia. Vida rural
Duración
81
Produción
Coproducción Irán-Francia
Director de Fotografía
Ostad Ali
Guión
Marzieh Meshkini
Música
Tolibhon Shakhidi
Intérpretes
Nikbakht Noruz, Abdolali Hoseinali, Abbas Alijome
Sinopse

Baixo a estatua do Buda que destruíron os talibanes, aínda viven miles de familias. Baktay, unha pícara afgana de seis anos, é incitada a ir á escola polo fillo dos seus veciños que le os alfabetos fronte á súa cova. O problema inicial é que Baktay non ten caderno nin lápiz. Para o caderno debe buscarse a vida, como lápiz, decide levar o pintalabios da súa nai. De camiño á escola, é acosada por uns nenos que xogan de forma cruel reflectindo a sociedade tan violenta que os envolve. Os nenos pretenden lapidar a Baktay, ou destruíla como o Buda, ou disparar contra ela como fixeron os americanos no labirinto de covas.

Premios
2007: San Sebastián: Premio Especial do Xurado.