Tras sufocar unha rebelión, o feroz e vitorioso guerreiro Taketoki Washizu acode a recibir as honras do seu clan. Acompáñalle o valoroso samurai Miki. No camiño tópanse co espírito do bosque, que desvela a Washizu o seu destino: primeiro será Señor da Mansión de Occidente e, despois, Xeneral. Pero a súa estirpe perecerá con el. Miki, pola súa banda, sufrirá unha morte violenta pero o seu fillo chegará a gobernar o feudo. As profecías do espírito vanse cumprindo punto por punto.
Abafadora adaptación de "Macbeth", o clásico de William Shskespeare, trasladando a súa acción ao Xapón das guerras feudais. O resultado é unha das grandes películas de Akira Kurosawa protagonizada, entre outros, por dous dos actores que mellor sintonizaron co mestre: Toshirô Mifune ("Os sete samurais") e Takashi Shimura ("Vivir").
Unha das mellores adaptacións cinematográficas dunha obra de William Shakespeare xamais realizada.