Ciclo
Cine africano en coprodución con Francia
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de actos do Pazo de San Marcos, Deputación Provincial
Director
Leyla Bouzid
Pais
Tunes
Ano da produción
2015
Xénero
Drama | Música
Duración
102
Produción
Coprodución Francia-Bélxica-Tunes; Blue Monday Productions / Hélicotronc / Propaganda Production
Director de Fotografía
Sébastien Goepfert
Montaxe
Sébastien Goepfert
Guión
Leyla Bouzid, Marie-Sophie Chambon
Música
Khyam Allami
Intérpretes
Baya Medhaffer, Ghalia Benali, Montassar Ayari, Lassaad Jamoussi, Aymen Omrani
Sinopse
Tunes, verán de 2010, a escasos meses da Revolución. Farah, de 18 anos, acaba de terminar os estudos secundarios e a súa familia xa a ve cursando a carreira de Medicina. Pero ela non comparte ese desexo. Canta nunha banda de rock comprometida politicamente, emborráchase e dedica as noites a descubrir o amor e a súa cidade, contrariando a vontade da súa nai Hayet, quen coñece demasiado ben Tunes e os seus perigos.
Premios
2015: Festival de Cinema de Venecia. Premio do público e Premio Label Europa Cinéma á mellor película.
2015: Festival Internacional de Cinema Francófono de Namur. Premio á mellor longametraxe.
2015: Festival de Saint-Jean de Luz. Premio do público, Premio do xurado e Premio á mellor interpretación feminina.
2015: Festival de Cinema de Bastia. Premio do público.
2015: Festival Internacional de Cinema de Bordeaux. Premio Erasmus.
2015: Festival Cinema e Música da Baule. Ibis de Ouro á mellor película, Ibis de Ouro á mellor actriz, ex-aequo, para Ghalia Benali e Baya Medhaffar, Ibis de Ouro á mellor música para Khyam Allami.
2015: Festival Africano das Luces de Besançon. Premio do xurado novo.
2015: Festival Internacional de Cinema Francófono de Tübingen-Stuttgart. Gran Premio de longametraxe.
2015: Xornadas Cinematográficas de Cartago. Tanit de Bronce, Premio do xurado TV5 Monde, Premio Fipresci da crítica internacional e Premio UGTT ao mellor decorado.
2015: Festival Cinéma Méditerráneen de Bruxelas. Mención especial a Ghalia Benali, Premio do público e Premio da crítica.
2015: Festival Internacional de Cinema de Dubai. Gran Premio á mellor película.
2016: Finalista do Premio Lux do Parlamento Europeo.