
Karamakate foi no seu día un poderoso chamán do Amazonas. Actualmente é o último superviviente do seu pobo e vive en illamento voluntario no máis profundo da selva. Leva anos de total soidade que o converteron en chullachaqui, unha casca baleira de home, privado de emocións e recordos. Pero a súa vida baleira dá un envorco o día en que á súa remota guarida chega Evan, un etnobotánico americano en busca da yakruna, unha poderosa planta oculta, capaz de ensinar a soñar. Karamakate accede a acompañar a Evan na súa procura.
Óscar 2016, nomeada a mellor película de fala non inglesa. Cannes 2015, ganadora do premio Art Cinéma. Premios Macondo do Cine Colombiano 2015, 8 premios, incluída mellor película e director. Festival Internacional de Cine de Costa Rica 2015, mellor película internacional. Festival Internacional da India 2015, mellor película. Festival de Yerebán 2015, mellor película. Festival de Cine Latinoamericano de Lima 2015, mellor película. Festival de Cine de Mar do Prata 2015, mellor película. Festival dos Hampton, mellor película.