Un campo de minas e o segundo muro militar máis grande do mundo separan a Sidahmed, Zaara e Taher da súa patria, que só coñecen a través das historias que lles contan os seus pais. Eles pertencen ao pobo saharauí, unha das comunidades máis esquecidas do mundo, abandonados nun campamento de refuxiados no medio do deserto despois de que Marrocos os expulsara do Sahara Occidental hai máis de corenta anos. Os nosos protagonistas pasan os seus días arranxando coches, a pesar de que realmente non os poden levar a ningunha parte, loitando por un cambio político que nunca chega e soñando cun futuro que probablemente non vai ocorrer. Con todas as expectativas, enerxía e ilusións da mocidade, soñan con elevarse sobre as fronteiras físicas que os rodean.
Mellor Película Española no Festival Internacional de Cinema de Xixón ( Rellumes) Mellor Director Español no Festival Internacional de Cinema de Xixón ( Rellumes) Mellor Opera Prima en Cinéma du Réel Premio do Xurado Novo en Cinéma du Réel Premio ao Documental en Tempo Film Festival Suecia. Mellor Director Emerxente no Porto/Post/Doc. HEAD – GENÈVE POSTPRODUCTION AWARD en Visions du Réel. AUDIENCE COMPROMISO AWARD en Visions du Réel. Premio ao Mellor WIP en MECAS, Festival Internacional de cinema das Palmas