Nunha rexión remota e montañosa dos Balcáns, Hatidze Muratova vive coa súa nai enferma nunha aldeíña sen estradas, nin electricidade nin auga corrente. Ela dedícase a criar colonias de abellas nunhas cestas feitas a man que deixa escondidas entre as rocas. Grazas a un ritual secreto, o prezado líquido que producen, non se esgota nunca. Sen protección nin axuda, é capaz de amansarlas para poder extraer o mel e vendela á cidade máis próxima.
A chegada dunha familia nómade coa súa furgoneta destartalada, sete fillos inquietos e un rabaño de gando parece estorbar a paz de Hatidze e das súas abellas. Nun primeiro momento, recíbeos cos brazos abertos, ofrecendo o seu afecto, o seu brandy e os seus consellos de apicultura. Pero non pasa moito tempo antes de que Hussein, o patriarca da familia nómade, visualice a oportunidade para poñer en práctica os seus intereses comerciais co mel para poder alimentar aos seus nenos.
A pesar de que a chegada da familia proporciona compañía e alivio á soidade de Hatidze, tamén provoca unha desfeita na orde natural da zona e unha ameaza aos seus medios de supervivencia. Un retrato sobrecogedor que fala sobre a desaparición dunha forma de vida, e que evidencia o fráxil equilibrio entre humanidade e natureza a través da mirada dunha muller resiliente e extraordinaria.
V.O. en dialecto turco, subtitulada en castelán.
Suspedida por covid-19