Pauline, unha moza de 15 años, pasa o verán coa súa prima Marion. Na Francia atlántica, Marion atopa a Pierre, un antigo amigo namorado dela. Porén, ela prefire a Henri, un aventureiro de vida itinerante e un tanto misteriosa. Pauline tamén vai ter un romance. Un filme fresco e sinxelo, que departe sobre o desexo, a beleza, o amor, namentres afronta con naturalidade as relacións entre os personaxes. Constitúe a terceira entrega da serie Comedias e proverbios. Partindo dunha frase de Chrétien de Troyes, “Qui trop parole, else mes fait” (Quen fala de máis, faise dano a si mesmo), o filme de Rohmer, premio en Berlín 1983 á dirección e tamén FIPRESCI, redescobre a intérpretes en estado de graza (Pascal Greggory, Arielle Dombasle, Feodor Atkine, a magnífica adolescente Amanda Langlet) e amosa outro axustado e brillante traballo visual de Néstor Almendros.
VOSE
Ciclo
Sesións de Filmoteca maio 2021 luns
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director
Éric Rohmer
Pais
Francia
Ano da produción
1983
Xénero
Romance. Drama. Comedia | Adolescencia. Celos. Drama romántico
Duración
94
Produción
Les Films du Losange, Les Films Ariane
Director de Fotografía
Néstor Almendros
Guión
Éric Rohmer
Música
Jean-Louis Valero
Intérpretes
Amanda Langlet, Arielle Dombasle, Pascal Greggory, Feodor Atkine, Rosette, Simon da Brosse
Sinopse
Premios
1983: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor director, FIPRESCI.
1983: Asociación de Críticos de Boston: Mellor guión