Jean-Louis, un enxeñeiro católico volve a traballar a Francia, a Clermont-Ferrand, despois de anos en América. Un día, á saída da misa, fíxase en Françoise, unha muller loira, e presente que algún día casará con ela, mais pérdea entre a multitude. Jean-Louis atopa o seu vello amigo Vidal, un marxista convencido que o leva á casa de Maud, unha muller divorciada. O terceiro dos Contos Morais de Eric Rohmer rodouse en cuarto lugar e con actores profesionais. A intensidade, a sagacidade, o rigor ou a fondura dos diálogos, amosan a sinxeleza de Rohmer para describir universos complexos. Un branco e negro portentoso de Néstor Almendros ilumina unha peza mestra nominada a dous Oscars, que atesoura, entre outras virtudes, unha inesquecible amálgama de debate (católico) e verbalización das relacións sexuais.
VOSE
Ciclo
Sesións de Filmoteca maio 2021 luns
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director
Éric Rohmer
Pais
Francia
Ano da produción
1969
Xénero
Drama. Romance. Comedia | Drama romántico. Nouvelle vague
Duración
105
Produción
Les Films du Losange
Director de Fotografía
Néstor Almendros ( B&W)
Guión
Éric Rohmer
Música
Wolfgang Amadeus Mozart
Intérpretes
Jean-Louis Trintignant, Françoise Fabian, Marie- Christine Barrault, Antoine Vitez, Leonid Kogan.
Sinopse
Premios
1969: Nomeada ao Óscar: Mellor película de fala non inglesa.
1970: Nomeada ao Óscar: Mellor guión.
1969: Festival de Cannes: Nomeada á Palma de Ouro (mellor película).
1970: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor guión. 2 nomeamentos.