Ir o contido principal
A pel suave
Ciclo
Sesións de Filmoteca: François Trufaut
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director
François Truffaut
Pais
Francia
Ano da produción
1964
Xénero
Drama. Romance | Drama romántico. Melodrama
Duración
113
Produción
Les Films du Carrosse, Sédif Productions, Simar Films
Director de Fotografía
Raoul Coutard (B&W)
Montaxe
Claudine Bouché, asistida por Lila Cauchetier
Guión
François Truffaut, Jean-Louis Richard
Música
Georges Delerue
Intérpretes
Jean Desailly, Françoise Dorléac, Nelly Benedetti, Daniel Ceccaldi, Sabine Haudepin, Philippe Dumat, Laurence Badie
Sinopse

Truffaut explora a condición humana e a complexidade das relacións amorosas. Filme cheo de sensibilidade e paixón, onde está presente a súa veneración por Balzac. Pierre Lachenay, un afamado escritor, casado con Franca, e cunha filla de 10 anos, abandona o seu fogar tras coñecer a Nicole (a prematuramente malograda Françoise Dorléac, irmá de Catherine Deneuve), azafata de voo. Asistimos ao entrecruzamento de tres amores, entre as dúbidas e a presión da sociedade burguesa sobre Pierre, o orgullo ferido de Franca e a propia inseguridade de Nicole. (1)

Curta: Os mocosos
Director: François Truffaut
Gión: François Truffaut. Historia: Maurice Pons
Música: Maurice Leroux
Fotografía: Jean Malige
Montaxe: Cécile Decugis
País: Francia
Ano: 1957
Duración: 17 minutos
Repartición: Gérard Blain, Bernadette Lafont, Michel François
Produtora: Les Films du Carrosse
Xénero:  Comedia. Romance | Infancia. Cortometraje
Sinopse: Gérard e Bernardette están namorados. Pasean polas rúas de Nimes.  Un grupo de rapaces espíaos, rinse deles e perséguenos por todas as partes. Un mozo Truffaut, belixerante co cine rancio e academicista, ofrece unha curta principiante onde amosa precisamente algúns dos seus elementos distintivos: competencia poética, crueza, dirección de actores, habelencia ou coidado formal.
* Mellores curtas de ficción (non animados).

VOSE.
 

 

 

Premios
(1) 1964: Festival de Cannes: Sección oficial a concurso. • Mellores películas francesas de todos os tempos. • 126 Mellores películas románticas da historia do cine.