Ir o contido principal
Os tomates escoitan a Wagner
Ciclo
Homenaxe Filarmónica 75 aniversario
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado
Director
Marianna Economou
Pais
Grecia
Ano da produción
2019
Xénero
Documental/ Economía - Medio ambiente - Política
Duración
72
Produtores
Spiros Mavrogenis, Rea Apostolides, Yuri Averof
Produción
Stefi & Linx Productions, Anemon Productions
Director de Fotografía
Marianna Economou, Dimitris Kordelas, Argyris Tsepelikas
Guión
Marianna Economou
Intérpretes
Documental, intervencións de: Alexandros Gousiaris, Christos Takas, Olga Lorida, Agathi Gousiari, Katina Gousiari, Stavroula Govari, Niki Karava
Sinopse
Elias é unha aldeíña agrícola e illada do centro de Grecia que se está morrendo. Pero dous curmáns enxeñosos, Christos e Alecco, únense ás avoas deste lugar para cultivar tomates. Cos seus coñecementos e un pouco de axuda da música de Wagner, queren facer realidade o seu soño: exportar frascos de tomate orgánico por todo o mundo. Desafiando á agricultura industrial e cultivando tomates orgánicos con sementes centenarias, venden frascos de tomate e conservas feitas cun método pouco ortodoxo. A exportación de produtos orgánicos é un mercado moi competitivo, pero o éxito inesperado colle por sorpresa a todo o pobo, que recuperou a ilusión e puido levantar os ánimos e a economía do lugar. Grazas aos tomates wagnerianos, a xente de Elias puido entrever un futuro onde se desvanece a crise que hai uns anos golpeou a Grecia, aínda que nunca é fácil saír adiante e a vida pode ser tan agridoce como un frasco de tomate en conserva. Unha historia entrañable sobre o poder das relacións humanas e a importancia de reinventarse en época de crise. VOSE
Premios
2019 Thessaloniki International Film Festival: Mellor filme grego