Ir o contido principal
Centenario do Seminario de Estudos Galegos. Mesa redonda
Centenario do Seminario de Estudos Galegos. Mesa redonda

O Club Cultural Valle-Inclán e a Asociación Lugo Patrimonio colaboran na programacíón organizada por diversas entidades galegas públicas e privadas para conmemorar o Centenario do Seminario de Estudos Galegos. Sumándose aos diversos actos desenvolvidos durante todo o ano,  organizan unha Mesa redonda sobre ‘O S.E.G. en Lugo’, centrada sobre todo nas figuras de Fraguas, Filgueira Valverde, Catvalho Calero e Martínez López. Contará coa participación de Pilar García Negro, Antonio Prado Gómez e Adolfo de Abel Vilela. Será presentada e moderada por Felipe Arías Vilas.

Martes, día 3 de outubro, no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo, ás 20:00 horas.