O Club Cultural Valle-Inclán inicia as actividades do derradeiro trimestre do ano 2024 coa proxección de catro filmes da serie “Sesións de Filmoteca”, en colaboración coa Filmoteca de Galicia e segundo convenio asinado coa Xunta de Galicia
Desenvolverase, coa cooperación da USC, no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas, de acordo co seguinte programa:
* Día 16: The river, de Jean Renoir, USA 1951. 99 min
* Día 23: Du Côté de la côte, de Agnés Varda, Francia 1958. 26 min
* Día 23: La Pointe Courte, de Agnès Varda, Francia 1954. 86 min
* Día 30: Carmiña flor de Galicia, de Rino Lupo, España 1926. 90 min
Entrada libre e de balde para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio.
Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala