Ir o contido principal
Visita das exposicións Hospitalitas e Unha vida viquinga en Santiago
Visita das exposicións Hospitalitas e Unha vida viquinga en Santiago

O sábado 9 de novembro, o Club Cultural Valle-Inclán viaxará a Santiago de Compostela para visitar dúas grandes exposicións. Pola mañá, a mostra titulada Hospitalitas (da serie Las Edades del Hombre, patrocinada pola Junta de Castilla y León) instalada na Cripta de Catedral e no antigo Mosteiro de S. Martiño Pinario, facendo logo un breve paseo por esta zona máis descoñecida de Compostela. Pola tarde subiremos ó Monte Gaiás para ver na Cidade da Cultura a Exposición Unha vida viquinga, para coñecer as mostras dunha cultura nórdica pero que tivo moito que ver con Galicia.