Iniciamos as “Sesións de Filmoteca” do ano 2025 cun ciclo de catro películas dedicadas ao “Universo Agnès Varda” que incluen o musical dirixido polo seu esposo, Jacques Demy, máis outros tres títulos que teñen a Demy como protagonista. Desenvolverase de acordo co seguinte programa:
* Día 5 de febreiro: Les demoiselles de Rochefort, Jacques Demy, (1967 120 min
* Día 12 de febreiro: Les demoiselles ont eu 25 ans, Agnès Varda, (1992) 67 min
* Día 19 de febreiro: Jacquot de Nantes, Agnès Varda, (1991)
120 min
* Día 26 de febrero: L’univers de Jacques Demy, Agnès Varda, (1994)
92 min
Salón de Actos da Casa do Saber, sesión 19:30 horas.
Entrada libre e de balde para socios do Club Cultural Valle-Inclán e comunidade universitaria ata completar aforo. Resto do público, cota proporcional de socio.
Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Sesións de Filmoteca desenvólvese segundo convenio asinado por Xunta de Galicia e Federación de Cineclubes de Galicia.