Ir o contido principal
Polo Barbanza dos escritores: homenaxe a Rosalía, Castelao e Valle-Inclán
Polo Barbanza dos escritores: homenaxe a Rosalía, Castelao e Valle-Inclán

   O día 6 de abril adiantamos a celebración das Letras Galegas cunha viaxe pola banda sur da península do Barbanza en homenaxe a varios escritores representativos do noso país.

Iria Flavia (colexiata e cemiterio), Casa-Museo de Rosalía (Padrón). Rianxo, na Rúa de Abaixo, na que naceron estes tres nomes da nosa cultura: o prolífico e factótum da nacionalismo galego A. Daniel R. Castelao, o poeta e mariño prematuramente finado Manuel Antonio, e o novelista, poeta e ensaísta (e pianista) Rafael Dieste, figuras nas que afondaremos lendo algúns textos sobre eles na nosa sentida homenaxe diante das súas casas natais. En A Pobra do Caramiñal rememoraremos a homenaxe que este Club fixo no ano 2001 á súa figura epónima Ramón Mª del Valle-Inclán.