
O marchante americano Tom Ripley tenta poñer a proba a integridade de Jonathan Zimmermann, un humilde fabricante de marcos que padece unha enfermidade terminal. Ripley preséntalle un gánster que lle ofrece moito diñeiro a cambio de que traballe para el como asasino a soldo. Nun principio rexeita a oferta, mais, ao pensar no precario futuro que lle espera á súa muller e ao seu fillo despois da súa morte, acaba aceptando o trato.
VOSE
1977: Festival de Cannes: Nominada á Palma de Ouro (mellor película)
1977: Premios César: Nominada a Mellor Película estranxeira
1977: 3 Premios do cine Alemán: incluíndo Mellor director
1977: National Society of Film Critics (NSFC): Nominada a Mellor fotografía.
1977: Asociación de Críticos Norteamericanos (NBR): Nominada a Mellores películas estranxeiras do ano.
1979: Premios Sant Jordi: Mellor interpretación estranxeira.