Ir o contido principal
Semana de cine 2025
Semana de cine 2025

O Club Cultural Valle-Inclán inicia as actividades do derradeiro trimestre do ano 2025 cunha “Semana de Cine de catro países” que se iniciará o luns, día 13 de outubro, coa proxección de Filtrando la luz, de Xacobe  Meléndez Fassbender, documental que percorre a historia do movemento ecoloxista galego. Asítirán á presentación o director e dous dos entrevistados, Sonsoles Izquierdo e Fernando Arribas.

Terá lugar no Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere, en sesión de 19:30 horas.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

A semana seguirá de acordo co seguinte programa en VOSE:

* Día 14 de outubro: Bauryna salu, de Askhat Kuchencherekov, Kazajstán – 113 min 

* Día 16 de outubro: The Teacher, de Farah Nabulsi, Palestina – 2023 – 115 min 

* Día 17 de outubro: Memorias de un caracol, de Adam Elliot, Australia – 2024. 94 min