Ir o contido principal
Filtrando a luz
Ciclo
Semana de Cine 2025
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere
Director
Xacobe Meléndrez Fassbender
Pais
España
Ano da produción
2024
Xénero
Documental
Duración
88
Produción
Federación Ecoloxista Galega, FEG
Director de Fotografía
Xosé Cruz Mahía e Xacobe Meléndrez Fassbender
Montaxe
Xacobe Meléndrez Fassbender e Olfös Eber
Guión
Xacobe Meléndrez Fassbender e João Manuel Peres Lijó Cámaras
Música
A Banda da Loba: “Cobiza”, “O Peso do peito” Resíduos Radiactivas: “Marghasand”, “A farmacia” Ulex: “Nunca Máis”
Intérpretes
Documental
Sinopse

Documental que percorre a historia do movemento ecoloxista galego. Dende os anos sesenta até a actualidade (cunha referencia ao século XVI), narrado en primeira persoa polos protagonistas de algunhas das campañas de protección do medio ambiente galego, coas súas pertinentes conexións internacionais... a protección dos espazos e as especies, o ecoloxismo social, a conservación da Terra...

Un repaso á problematica ambiental galega dende hai xa máis de 60 anos, ao activismo conservacionista, ao ecofeminismo... Pon o foco dende a Celulosa de Ence en Pontevedra até o proxecto GAMA na Ulloa, nas enerxías dende as centrais e minicentrais hidroeléctricas, ate as modernas renovábeis, pasando pola historia das centrais térmicas, tamén se trata a problemática dos lumes forestais, a producción agrícola e gandeira, os medios de transporte, o cambio climático, as propostas de decrecemento, o mar, o lixo, o tema forestal, a contaminación dos ríos..

Cunha visión coral e diversa, son trinta e seis as persoas entrevistadas, falan personaxes históricas como Xosé Manuel Penas Patiño, Sonsoles Izquierdo, Ramón Varela, Manolo Rivas, Roxelio Pérez Moreira... ecoloxistas con gran actividade na actualidade como Marta Gontá, Begoña de Bernardo, María Bañón ou Iñaki Varela.

Entrevistas gravadas en localizacións emblemáticas para as campañas desenvoltas en todo este tempo: Corrubedo, Serra do Suído, Río Miño en Lugo, Ría do Burgo, A Limia... Con espectaculares imaxes aéreas amosando o que non se adoita ver, Alúmina-Alumino, Aeroxeradores do Xistral, Celulosa de Pontevedra…