Ir o contido principal
Ciclo Cine Chinés
Ciclo Cine Chinés

O Club Cultural Valle-Inclán programa un ciclo de “Cine Chinés” para o que conta coa colaboración de profesorado do departamento de chinés da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Alma López Figueiras, profesora de chinés da EOI de Lugo e xornalista con experiencia na China, propuxo a posibilidade de organizar un ciclo de cinema chinés en Lugo, tendo en conta que a cidade está irmanada “coa cidade chinesa de Qinghuangdao desde 2008” e tamén colaborará cunha charla introdutoria ao cinema chinés contemporáneo na sesión inaugural.

O ciclo desenvolverase de acordo co seguinte programa:

* Día 20 de outubro: Breve historia de una familia, de Lin Jianjie. 2024 – 99 min

* Día 27 de outubro: Black Dog, de Guan Hu. 2024 – 110 min

* Día 3 de novembro: Ni uno menos, de Zhang Yimou. 1999 - 106 min

* Día 10 de novembro: Yo no soy Madame Bovary, de Feng Xiaogang. 2016 – 133 min

Salón de Actos do Centro Cultural O Vello Cárcere. Sesión 19:30 horas.

Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.