O Club Cultural Valle-Inclán inicia a tempada de proxección das “Sesións de Filmoteca”, organizada segundo convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, AGADIC, e a Federación de Cineclubs de Galicia, da que o Valle-Inclán é membro.
Contamos coa colaboración da USC que cede o Salón de Actos da Casa do Saber. As sesións terán lugar os mércores, ás 19:30 horas. Unha vez iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.
Entrada libre para socios do club e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio, 2€.
Programa para marzo de 2026
* Día 4: Put You Soul on Your Hand and Walk (Pon tu alma en la mano y anda), de Sepideh Farsi. Francia, Irán, Territorio Palestino, 2025. 110 min
* Día 11: Deuses de Pedra, de Iván Castiñeiras, España, Francia, Portugal, 2025. 83 min
* Día 18: L'enfance nue, de Maurice Pialat. Francia, 1968
* Día 25: À nos amours: de Maurice Pialat. Francia, 1983 - 102 min
Os dous primeiros filmes se corresponden co fotoxornalismo e Palestina, máis a fronteira Galicia – Portuga. Nos dous seguintes recuperamos ao director francés Maurice Pialat con dous títulos emblemáticos na historia do cine.