Ir o contido principal
Sesións de Filmoteca abril 2026
Sesións de Filmoteca abril 2026

O Club Cultural Valle-Inclán programa tres filmes nas “Sesións de Filmoteca” do mes de abril de 2026. Vikingland, de Xurxo Chirro, presentado como unha transposición máis que libre do Moby Dick de Melville. Os 400 golpes, de François Truffaut, con Jean-Pierre Léaud (Antoine Doinel), un fito da Nouvelle Vague e da historia do cinema francés.  Pechamos con A condena, de Béla Tarr, en homenaxe a un dos mellores directores de Hungría, finado en xaneiro deste ano.

Mércores, 15 de abril, no Salón de Actos da Casa do Saber, en sesión de 19:30 horas.Iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala. Entrada libre para socios do Valle-Inclán e comunidade universitaria. Resto do público, cota proporcional de socio.