Ir o contido principal
Ciclo Do libro á pantalla
Ciclo Do libro á pantalla

O Club Cultural Valle-Inclán programa un ciclo de cine co título “Do libro á pantalla”. Nun tempo no que os clubs de lectura reciben a atención de numerosos lectores e no que tamén as salas de cine incrementan o número de espectadores, pode ser do interese de lectores e espectadores contrastar as dúas artes e analizar como o director interpreta ao escritor.

Colaboración co programa de Club de lectura da biblioteca da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

Desenvolverase de acordo co seguinte programa:

Día 20 de abril: La carta final, de David Hugh Jones, novela Helene Hanff, 1987 – Reino Unido – 95 min

Día 27 de abril: Las horas, de Stephen Daldry, novela Michael Cunningham USA. 2002 – 114 min

Día 4 de maio: Brooklyn, de John Crowley, novela Colin Toibin, Irlanda – 2015 – 111 min

Día 11 de maio: Las ocho montañas, de Felix Van Groeningen, novela Paolo Cognetti. Italia – 2022 – 147 min

Salón de Actos de O Vello Cárcere, sesión de 19:30 horas.

Unha vez iniciada a proxección non se permitirá o acceso á sala.

Entrada libre e de balde ata completar cabida.