Historia de tres mulleres de épocas diferentes que tratan de atoparlle un sentido á vida. A principios dos anos 20, Virginia Woolf, nun elegante barrio de Londres, loita contra a súa tolemia mentres empeza a escribir a súa primeira gran novela: "Mrs. Dalloway". Nos anos 50, en Los Ángeles, a Laura Brown, unha muller casada e con fillos, a lectura de "Mrs. Dalloway" resúltalle tan reveladora que empeza a considerar a posibilidade de cambiar radicalmente a súa vida. En Nova York, Clarissa Vaughan, unha versión actual de "Mrs. Dalloway", está namorada do seu amigo Richard, un brillante poeta enfermo de SIDA.
VOSE
2002: Óscar: Mellor actriz (Nicole Kidman). 9 Nomeamentos
2003: Premios Cesar: Nomeada a Mellor película estranxeira
2003: Premios Guldbagge (Suecia): Mellor película estranxeira
2003: Festival de Berlín: Oso de Prata - Mellor actriz (Streep, Kidman, Moore)
2002: Globos de Oro: Mellor película e actriz - drama (Nicole Kidman). 7 nomeamentos
2002: 2 premios BAFTA: Mellor música e actriz (Kidman). 11 nomeamentos