Ir o contido principal
Ciclo Agora non é antes
Ciclo Agora non é antes

 

O Club Cultural Valle-Inclán programa o segundo acto do ciclo “Agora non é antes” organizado para celebrar o 60 Aniversario do Club.

Este xoves, día 23 de abril,  dedícase ao ANTES, cunha Mesa redonda con políticos de Lugo en activo nos anos 1.960/70. Contaránolo cinco  oradores de diversas ideoloxías e militancia, que viviron moi activamente os anos 60 e 70 cando se fraguou a gran transformación política na que eles foron parte activa. Como era e como viviron aquel momento? A que aspiraban e que fixeron para conseguilo? Que balance farían hoxe, medio século despois? A estas e outras preguntas, esperamos que dean resposta os convidados a esta mesa redonda  formada por:

Carlos Dafonte Díez, Lois Diéguez Vázquez, Antonio Gato Soengas,  Alfredo Sánchez Carro,  Cándido Sánchez Castiñeira. 

Presenta e modera, Santiago Fernández Rocha, profesor, político, articulista.

Salón de Actos da Deputación Provincial, ás 19:30 horas.