Ir o contido principal
El globo blanco
Ciclo
Retrospectiva de Jafar Panahi (Irán)
Data de proxección
Lugar de proxección
Salón de Actos de O Vello Cárcere
Director
Jafar Panahi
Pais
Irán
Ano da produción
1995
Xénero
Drama | Infancia
Duración
85
Produción
Ferdos Films
Director de Fotografía
Farzad Jadat
Guión
Abbas Kiarostami
Intérpretes
Aida Mohammadkhani, Mohsen Kafili, Fereshteh Sadre Orafaiy, Anna Borkowska, Mohammad Shahani, Mohammed Bakhtiar
Sinopse

O 21 de marzo, primeiro día da primavera, celébrase en Irán o Aninovo. Razieh, unha nena de oito anos, soña con conseguir o tradicional peixe dourado desas festas. Coa axuda do seu irmán Ali, convence a súa nai de que lle dea diñeiro para compralo. Pero o camiño ata a tenda onde venden peixes dourados é moi longo e está cheo de perigos. Razieh, soa e desamparada, vive toda clase de peripecias antes de conseguir o que quere: perde e recupera o diñeiro, róubanllo, cáelle por unha cloaca, chega tarde á tenda. Celebrada cinta escrita por Kiarostami e premiada en Cannes.

VOSE

Premios

Festival de Cannes 1995: Cámara de Ouro. Premio á Mellor Ópera Prima.

1996: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor película estranxeira