Ir o contido principal
PROXECCIÓN EN LUGO DO DOCUMENTAL O SEGREDO DA FROUXEIRA,  DE XOSÉ ABAD
PROXECCIÓN EN LUGO DO DOCUMENTAL O SEGREDO DA FROUXEIRA,  DE XOSÉ ABAD
SALÓN DE ACTOS DA DEPUTACIÓN DE LUGO. 20:00:00

A Concellalía de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, en colaboración co Club Cultural Valle-Inclán, proxecta o documental O segredo da Frouxeira,  con guión e dirección Xosé Abad. 
Será presentado polo seu director, Xosé Abad  con  Mª Carmen Longarela, secretaria do Club Cultural Valle-Inclán.

XOSÉ ABAD é fotógrafo, realizador e produtor.
Traballa para axencias e medios de comunicación, fotografía artística, fotografía publicitaria e ten presentado un número importante de exposicións.
Impulsor da  web Fotógrafos Contra a Guerra, idea,  organiza  e  dirixe  nos  anos  2005  e  2006  “Revela,  Foro  Internacional  de  Fotorreportaxe  e  Sociedade”  en itinerancia polas principais cidades de Galicia.
É autor dun significado número de documentais , moitos deles premiados en distintos certames.

Máis información en Cine, Programación.
 
http://www.osegredodafrouxeira.com/