Auditorio Gustavo Freire. 19:00:00
O Club Cultural Valle-Inclán pecha o ciclo Cinema no Auditorio coa proxección do filme A cicatriz branca.
Será presentado pola súa directora e guionista, Margarita Ledo Andión.
Pensada como película que establece un ligame cun feito social central no século vinte, a emigración, neste caso como experiencia diversa dun dos grupos máis fráxiles e só parcialmente visíbel, as mulleres.
Actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo e xestionada polo Club Cultural Valle-Incán.
Máis información en Cine. Programación