La Madriguera. A Teresa non a satisfai o éxito e regresa á súa terra leonesa. Atrás quedará París, Nova York, San Petesburgo... e o seu persoal empeño en triunfar como pintora. Instálase con Daniela en Corullón e intenta fiar o pasado co presente.
A través do recordo da súa familia, orixinaria de Lapas de Cabreira, iranos dando unha imaxe do medio social e económico, do carácter e o tesón duns seres inmersos nun mundo illado, inhóspito e fero que, dende finais do s. XIX, esfórzanse por saír da miseria e a ignorancia.
As minas de Villablino,a Guerra Civil, a represión, os gravames impostos e a rapina do maqui, complican o devir dos días.
Os escenarios de La Madriguera son Os Ancares, Babia, La Cándana, Los Páramos,e as provincias limítrofes: Asturias, Lugo...
Aurora García Rivas naceu en La Antigua, San Tirso de Abres. Actualmente vive en Oviedo. Forma parte da directiva da asociación cultural L’Arribada de Gijón.
É autora de varios libros de poemas e novelas, colabora en diversas revistas e xornais e ten presentado comunicacións e comentarios en congresos e xornadas literarias.
As súas linguas de comunicación son o galego-asturiano e o castelán.
A autora estará acompañada polo profesor e escritor Xosé Otero Canto e o vicepresidente do Club Cultural Valle-Inclán, Felipe Arias Vilas.