Esta longametraxe é a culminación dun traballo que se iniciou no verán de 2010 coa rodaxe no norte de Etiopía.
A película xurde nun principio para amosar Etiopía, un país completamente descoñecido para a gran maioría da xente que vive ó norte e de costas ó continente africano.
O coñecemento da realidade etíope é cada vez máis perentorio. Baste comentar como exemplo que Galicia, na última década, incrementou a súa poboación en máis de 700 nenos adoptados por familias galegas, precisamente cando as taxas de crecemento da poboación e renovación xeracional caen en picado.
O descoñecemento da realidade do seu país de orixe fai que xurdan estereotipos, tópicos e prexuízos na convivencia con eles que sería bo desterrar por anacrónicos.
Ovidio Fernández Sánchez, natural de Navia de Suarna, é produtor audiovisual, autor de reportaxes e documentais que se emitieron por televisión (La Primera, La 2, Canal Internacional, Grandes Documentales Hispasat, Canales Temáticos, 24 Horas, Euronews, etc.) nos que colaborou en distintas áreas e destacando como director de fotografía.
Premio do xurado no Festival Internacional de Cine "El Riu" de Barcelona (2002).
Traballa en Televisión Española en Santiago.
Máis información en CINE, programación.