Salón de actos da Deputación Provincial. 20:00:00
"A potencia das historias alí recollidas era tal que era imposible desconectar nin un segundo do que os protagonistas contaban. Un grupo de persoas con diversos problemas xúntanse para realizar varias pezas teatrais nun autobús. Historia de superación, de valor e, sobre todo, de optimismo. Un optimismo e unha vitalidade que provoca que sexa imposible non romper a chorar ante unhas historias que abraian en todos os sentidos. Agardo que o documental chegue ao maior número de pantallas posible, non só polo seu carácter narrativo senón polo seu alto valor didáctico. Non dubiden en ir a velo se teñen ocasión!
Brais Romero, Praza.com
Máis información en CINE, programación.